Allariz conta cunha importante rede hostaleira e parte dela funciona a través da colaboración público privada en forma de concesións municipais como a Pousada Torre Lombarda, o Mesón Portovello ou o Fío do Liño entre outras.

A Fábrica de Vilanova, situada a carón da ponte románica, é outra destas concesións, que abrirá no próximo mes de xuño con nova xestión, a do Fogar do Santiso, que traballa en Galicia dende 1996 co obxectivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas.

O Fogar do Santiso converteuse nun referente cultural e gastronómico no camiño cara a sustentabilidade e como modelo na restauración e na dignificación do rural, comezando unha viaxe cara o autoabastecemento de materias primas pasando a ser produtor ecolóxico.

Este servizo inclúe a explotación do servizo de restauración e o mantemento das instalacións do inmoble, consistentes no propio restaurante, na terraza situada no Campo de Vilanova e o xardín de entrada.