O Fogar dos Maiores tramita as solicitudes para participar no programa Termalismo Social do Imserso

O Centro de Servizos Sociais Comunitarios, no Fogar dos Maiores de Allariz, informa e tramita as solicitudes para participar no programa Termalismo Social 2019. A iniciativa permite aos usuarios e usuarias recibir tratamentos termais a prezos reducidos durante a súa estanza nos balnearios.

Beneficiari@s do programa 
Poderán participar neste programa:
a) Pensionistas da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e invalidez, pensionistas de viuvez e doutras pensións sempre que o solicitante teña cumprido os sesenta anos de idade.
b) Valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento nin enfermidades infecto-contaxiosas.
c) O solicitante pode ir acompañado do seu cónxuxe, para ao cal non se esixe requisitos de pensión nin idade.

Prazo de solicitudes

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 11 de xaneiro de 2019 para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ámbolos dous incluídos e a ta o 17 de maio de 2019 para as quendas dos meses de setembro a decembro.

Lugar e prazo para a presentación de solicitudes
Centro de Servizos Sociais Comunitarios-Fogar do Maior
R/ A Barreira nº 3 ALLARIZ
Telf: 988554059

Máis información: http://www.imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/termalismo/index.htm

 

2019-01-10T10:10:52+00:00miércoles, 19/12/2018|ACTUAIS, NOVAS ALLARIZ|
X