A Xunta Directiva da Asoc. Desenvolvemento Rural GDR10 Limia-Arnoia en xuntanza celebrada o pasado venres día 22 de novembro en Bande, fixo balance dos proxectos impulsados e financiados, no marco da Medida LEADER 2014/2020.
Na convocatoria deste ano 2019 (para as anualidades 2019 e 2020) aprobáronse un total de 22 expedientes; dos cales 12 correspóndense con proxectos PRODUTIVOS e 10 con NON PRODUTIVOS.
A tipoloxía de proxectos é variada e vai desde o sector turístico (aloxamentos en Maceda e Calvos de Randín, espazo de envellecemento activo en Allariz), sector agroforestal (carnicería en Maceda, rachado de madeira en Celanova, empresas de lumbricultura e arboricultura en Calvos de Randín e Porqueira), mellora de sistema informático en empresa de Celanova ou instalación deportivas (pistas de padel en Allariz).
En canto a proxectos NON produtivos, do total de 10 financiados, 4 son promovidos por concellos do noso territorio e outros 6 por distintas entidades veciñais e culturais. Destacan proxectos de recuperación tradicional e patrimonial (vestimenta e folclore popular en Xinzo, ecomuseo do pan en Lobios, retablo en A Bola, foxo do lobo en Bande, escavación arqueolóxica en Baños de Molgas).
Estos 22 proxectos suporán un investimento total de 1,9 M€, con unha subvención media do 44,43%. E a consolidación de 20 postos de traballo e a xeración de outros 20,5.
Desde xaneiro de 2017, data de inicio do novo programa Leader, a nosa entidade ten financiado un total de 55 proxectos (31 produtivos e 24 non produtivos), que supón un investimento total de 5,1 M€ (2,5 M€ investimento privado e 2,6 M€ de investimento público/subvención).
O total de postos de traballo consolidados ascende a 84, e o número de postos de traballo xerados é de 55; facendo un total de 139 UTA (unidade de traballo anual), o que nos permite cumprir cos indicadores previstos na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo deseñada no ano 2016, cun nivel de execución orzamentaria por riba do 90%.
A finais de este ano 2019, agardamos que desde AGADER se proceda a dotar de fondos a vindeira convocatoria 2020/2021 que nos permita seguir axudando a vertebrar o noso territorio (25 concellos da provincia de Ourense).