Allariz acollerá o curso de Tracción animal na horta organizado polo grupo de desenvolvemento rural Limia Arnoia, xunto coa Asociación Galega de Tracción Animal – Á Molida e Aptran – Associação Portuguesa de Tracção Animal.

A formación que terá lugar entre os días 27 e 30 de xuño desenvolverase na Horta de Mimá na que os e as participantes asistirán a diferentes conferencias impartidas por profesionais como Miguel de “Mimá”,  João B. Rodrigues, médico veterinario de APTRAN,  Abel Ibañez Marti, albardeiro e podólogo equino, Óscar Antón Pérez García enxeñeiro técnico agrícola e Ruth Labad, bióloga e produtora de hortalizas.

A actividade formativa tamén terá a súa parte práctica na que se afondará na preparación do solo, traballos intercalraes en horta ou manexo e doma de animais para tracción animal, entre outros.

Información e inscricións: http://www.limia-arnoia.gal/traccion-animal-en-horta/