O alumnado do IES de Allariz organiza a primeira carreira solidaria. O 12 de abril, entre as 12:00h e as 14:00h, alumnos e alumnas correrán polo casco histórico de Allariz, por unha boa causa. O obxectivo principal desta actividade, segundo explica o profesor, Xosé Rodríguez “cada participante buscará un ou varios patrocinadores por cada quilómetro percorrido”. O diñeiro recadado cos patrocinios será destinado cada edición a unha asociación ou ONG galega. Na primeira carreira os ingresos serán destinados á asociación alaricana Puzzle, que loita pola integración laboral das persoas con discapacidade.