O Concello de Allariz procede, a partir do día 1 de febreiro e ata o 1 de abril de 2024, ao cobro dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica e a taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes a esta anualidade.
As persoas interesadas poden consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, en horario de oficina de 9:00h a 14:00h de luns a venres.
Forma de pagamento
– Recibos domiciliados: Quen teña o pago dos recibos domiciliados nun Banco ou Caixa de Aforros recibirá no seu domicilio o correspondente xustificante bancario do seu pagamento.
– Recibos non domiciliados: Os contribuíntes recibirán no seu domicilio os recibos que deberán presentar nalgunha entidade bancaria das que neles se citan. Tamén poderá abonarse o imposto a través de internet na páxina web: www.allariz.gal/administracion/tributos.
Recordamos que tamén se pode abonar os recibos a través das oficinas de Correos e dos carteiros e carteiras, grazas ao convenio firmado o mes pasado.
Os recibos non aboados no período de pago voluntario incorrerán nunha recarga do 5%, 10% ou 20%, segundo proceda, de conformidade eco disposto no artigo 28 da Lei xeral tributaria, Lei 58/2003.