O Instituto de Sexoloxía Incisex impartirá obradoiros a políticos e profesionais nas Xornadas contra a violencia de xénero

Allariz conmemora, o día 25 de novembro, o Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as mulleres. Con este motivo, a área de Igualdade, organiza unha nova edición das xornadas contra a violencia de xénero.

Iniciaranse estas actividades o día 19 co obradoiro de dinamización para a mesa local de coordinación contra a violencia impartido pola Secretaría Xeral de Igualdade. Os centros educativos de Allariz tamén participan nas xornadas cun contacontos en primaria e un obradoiro de ferramentas para a convivencia para os/as alumnos/as da ESO.

O persoal político e técnico municipal tamén se une activamente nesta edición participando no obradoiro “A mirada sexolóxica na administración local para o fomento da convivencia” impartido por docentes do Instituto de Sexoloxía Incisex.

Obradoiros para  profesionais e actividades para a poboación xeral completan o programa das xornadas que se desenvolverán en Allariz entre o día 19 e o 25 de novembro.

Para rematar, o día 25, ás 12:00h terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero na Praza do Concello.

2018-11-26T16:40:45+00:00miércoles, 14/11/2018|ACTUAIS, FORMACIÓN, NOVAS ALLARIZ|
X