O Concello de Allariz ven de acometer a limpeza en todo o leito do regalo de Fontes, nas inmediacións da rúa Alfredo Nan. Na zona procedeuse a limpeza da maleza das beiras e do leito do regato, así como a eliminación de broza que se acumulaba no mesmo a cal impedía a circulación normal da auga.

Durante a mañá de hoxe, a Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid visitou a zona para comprobar co tenente de Alcaldía Bernardo Varela e o director da Oficina de Urbanismo, Celestino Feijóo, o resultado final da intervención realizada.

Nesta parte de Allariz, conservase varios elementos de gran valor patrimonial. Por un lado a calzada de entrada a Porta da Vila, unha das portas de entrada da Muralla que había en Allariz na Época Medieval. Por outra banda a Ponte de Fontes, elemento patrimonial da mesma época, de gran valor.

Allariz continua así cos proxectos de recuperación do patrimonio e mantemento. Ao longo desta anualidade se teñen acometido en outros núcleos do territorio municipal a recuperación de fontes, fornos e lavadoiros. O custe da obra financiouse con fondos municipais.