Os produtores do Mercado Da Reserva e o Concello de Allariz premiarán a fidelidade dos clientes que merquen durante o Nadal no Mercado.
10 pequenas empresas locais poñen a venda os seus produtos no Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz todos os sábados. Nel poderase atopar produto de proximidade, elaborado no territorio con calidade contrastada como pode ser o Queixo do Rexo, porco celta de Embutidos Vilaboa, Mel de Bosque, Hortalizas Corvillón, Mimá hortalizas e mel,Carabuñas, Faragullas e produtos con fariña de castaña de Pételo, Xabón d´Allariz, elaborado con leite de Burra pola asociación Andrea.
Todas persoas que compren no mercado este nadal, dende o 11 de decembro ata o 8 de xaneiro, entrarán no sorteo de un lote de produtos do mercado e un vale de 250 € para gastar no comercio local.
Unha oportunidade estupenda para a coñecer a calidade e variedade do produto local e fomentar o consumo de proximidade, tecendo redes de colaboración entre distintos produtores.
Ademais este ano, por coincidencia cos festivos de nadal, o Mercado da Reserva adiantase ao venres 24 e 31 de decembro en vez de os sábados durante esas dúas semanas.
O sorteo celebrarase o sábado 15 de xaneiro. A iniciativa foi presentada esta semana no mercado de Allariz ca participación dos produtores e da edil de promoción económica María López “esperamos que a idea teña una boa acollida e que a mesas destas festas estean cheas de produtos locais”