O 6 de xaneiro de 1994 abriu ás súas portas o Museo Galego do Xoguete de Allariz. Instalado no pazo do antigo xulgado de Allariz, o Museo busca recoller todo o significado e o valor dos xogos e xoguetes de todos os tempos.

Esta iniciativa foi promovida polo veciño Alberto Oro Claro como froito do seu traballo de recompilación que iniciou como médico do rural. Máis de 700 xoguetes coas que se creou o Museo e aos que seguiron máis doazóns e cesións ata completar os 1684 xoguetes que na actualidade conforman os seus fondos. A colección conta cunha parte importante de xogos de mesa, proxectores de cine, bonecas e mobiliario das súas casas, coches e xoguetes bélicos, entre moitos outros. Estamos a falar dun conxunto que abarca pezas dende principios de século XX (Fúltbol Finger de 1919) ata xoguetes dos anos 60 e 70, cando xa se comeza a empregar o plástico e as novas técnicas.

Como mostra do agradecemento ás persoas doantes que fixeron posible a creación do Museo, a área de cultura de Allariz organiza o venres 20 ás 20:00h, un acto no que doantes e veciñxs celebrarán o 25 aniversario da instalación municipal

Ademais os días 20, 21 e 22 de decembro o Museo abre as súas portas e acolle, ás 20:00h, o espectáculo de rúa, a Musicleta.