O Museo Galego do Xoguete verá incrementados os seus fondos cunha colección de bonecos e xoguetes grazas á doazon da profesora  María García Añón, recentemente falecida. Ademais deste importante legado a achega inclúe a cantidade de 5.000 euros destinada ao mantemento, conservación e exposición das novas pezas.

Agora, os técnicos do museo de Allariz catalogarán estas incorporacións para engadilas ás pezas expostas no Museo Galego do Xoguete, que está de celebración do seu 25 aniversario.