O pleno da corporación municipal reunirase, o próximo venres, día 23 de novembro, a partir das 20:00h.

A sesión extraordinaria centrarase na aprobación inicial do Orzamento Xeral 2019, que ascende a 6.207.000€  e ten por principais obxectivos a dinamización económica favorecedora da creación de emprego e a oferta dun capital social básico cheo de servizos públicos municipais de calidade.

Os tres grupos municipais, BNG, PP e PsdeG-PSOE, presentarán as súas respectivas mocións relativas ao día 25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero.  Ademais os populares presentarán outra moción sobre o IBI.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.