A campaña “O peto dos desexos” que o Concello de Allariz e o Comercio Local desenvolven cada nadal, adiántase este ano para incentivar a adiantar as compras do consumidor local.

Ademais este ano, o peto vén máis cheo que nunca e sorteará máis de 5000 euros en premios neste Nadal de 2020-2021,  repartidos  en 35 vales, 15 vales de 200€ e 20 vales de 100€ para gastar no comercio local de Allariz.

María López, Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio falou da importancia do consumo local, de proximidade, o produto de calidade e a atención personalizada que os nosos comerciantes e hostaleiros dan día a día nos seus establecementos.

Poderán participar neste sorteo toda persoa, maior de idade, que realice unha compra ou varias por valor mínimo de 30€ nun establecemento comercial ou hostaleiro de Allariz durante os días 16 de novembro de 2020 ata o 6 de xaneiro de 2021 (ambos incluídos).

Os boletos deberán ser cubertos e depositados nos buzóns habilatados para eles, unbuzón na entrada da Alameda e outro no alto da rúa Fonteiriña, na Praza de Santo Estevo. Este último cambia o seu lugar habitual e trasládase este ano para esta nova localización.

O sorteo público  terá lugar o venres 8  de xaneiro de 2021 ás 11:30h diante dun dos Peto dos Desexos, (comunicaremos en cal dos duos) e será gravado e publicado nas redes do Concello de Allariz e de Comercio e Hostalería.

Esta iniciativa local completa a proposta de Nadal do Concello de Allariz que contará cun variado programa de actividades e cunha orixinal decoración de Nadal que fai que Allariz sexa todos os anos nestas datas visita obrigada.

BASES DE PARTICIPACIÓN DO PETO DOS DESEXOS:

BASES SORTEO “O PETO DOS DESEXOS”