O pleno da corporación municipal do Concello de Allariz reúnese mañá mércores 14 de xuño en sesión extraordinaria ás 13:00h.

Esta sesión convócase en cumprimento do disposto no artigo 36 do ROF que dispón que “ o terceiro día anterior ao sinalado pola lexislación electoral para a sesión constitutiva dos Concellos, os concelleiros cesantes, tanto do Pleno como, no seu caso, da Comisión de Goberno, reuniranse en sesión convocada ao só efecto de aprobar a acta da última sesión celebrada”, artigo 36.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro.