A corporación municipal celebra mañá, venres ás 20:00h, pleno ordinario no que se tratarán, entre outros asuntos, o convenio entre o Concello de Allariz e a Axencia Tributaria de Galicia en materia de recadación en vía executiva e unha petición á Deputación de  Ourense de remodelación da estrada OU-0108 ao seu paso pola zona da Barreira para camiño escolar.

Ademais os tres partidos políticos presentarán sendas mocións: o BNG en defensa da sanidade pública; o PP a favor de dedicar unha praza da vila a D. José Luis Mascareñas Cid e  sobre a insuficiencia das partidas incluidas no primeiro proxecto de lei dos Orzamentos xerais do Estado para a Comunidade Autónoma de Galicia; e o PSdeG-PSOE sobre o financiamento da Xunta de Galicia aos concellos e sobre a realización de visitas guiadas ao Mosteiro de Santa Clara de Allariz.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.