O pleno da corporación municipal celebra sesión extraordinaria o venres 22 de marzo ás 20:00h.

A sesión extraordinaria contempla a aprobación das bases reguladoras e a convocatoria para renovar a concesión do servizo do restaurante “Fabrica de Vilanova”. A adhesión á iniciativa europea do pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía e a adhesión, se procede, ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a implantación da historia social única electrónica nas entidades locais da comunidade autónoma de Galicia, tamén serán puntos incluídos na orde do día.

Para rematar o PP presenta unha moción sobre a supresión de barreiras arquitectónicas no Concello de Allariz.

A quenda de rogos e preguntas porá fin á sesión extraordinaria que, como é habitual, pode seguirse a través de Radio Allariz, en directo.