O pleno da corporación municipal de Allariz reunirase o xoves 22 de xullo, ás 20:00h, para celebrar sesión ordinaria.

A orde do día será:

  • – Aprobación, se procede, do borrador acta da sesión anterior correspondente ao 30/04/2021.
  • Resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión.- Dar conta.
  • Dar conta do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Allariz para o financiamento da redacción da revisión do Plan Especial de Protección do Casco (Histórico PEPCH).
  • Proposta de resolución, por mutuo acordo, do contrato administrativo para a contratación da obra pública e explotación do parque eólico singular, de Allariz de data 31 de xullo de 2009, celebrado coa empresa Allarluz, SA.
  • REATUR,SA.- Constituído o pleno en xunta xeral da empresa municipal Reatur SA, aprobación, se procede, da conta anual do exercicio 2020.
  • MEDIOAMBIENTAL ALARICANA, SL.- Constituído o pleno en xunta xeral da empresa municipal Medio Ambiental Allariz SL, aprobación, se procede da conta anual do exercicio 2020.
  • CONTA XERAL 2020. Aprobación definitiva, se procede.
  • MOCIÓN do BNG sobre nova tarifa eléctrica.
  • MOCIÓN do PsdeG-PSOE sobre a rehabilitación do enlousado das rúas do Casco Histórico de Allariz.

Para rematar a sesión haberá rolda de rogos e preguntas.