O pleno da corporación municipal reunirase este venres, 24 de febreiro, ás 13:30h en sesión ordinaria.

A orde do día contempla varias operacións de tesourería formalizadas co Banco Pastor  e Abanca e continuará con sendas mocións. A primeira delas, presentada polo BNG instando a correcta sinalización da autoestrada A-52 ao seu paso por Allariz. O grupo socialista, a través de dúas mocións, pedirá a mellora da transparencia no Concello de Allariz e a construción dun centro público de atención ás persoas con discapacidade de máis de 21 anos na provincia de Ourense.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.