O pleno da corporación municipal reunirase mañá, 26 de novembro ás 20:00h, para celebrar sesión extraordinaria.

A orde do día será:

  • Declaración institucional con motivo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller 25 de novembro de 2020.
  • Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior.
  • Resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión.
  • Aprobación do orzamento municipal para o 2021.
  • Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).
  • Por outra banda, moción do PP instando a adopción de medidas orzamentarias para paliar os efectos da COVID-19 para todos os sectores e colectivos mais afectados.

Para rematar a sesión haberá rolda de rogos e preguntas.