O pleno da corporación municipal reúnese o venres 25 de setembro ás 20:00h en sesión ordinaria.

Os puntos da orde do día da sesión plenaria serán:

  • A aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior.
  • Resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión.- Dar conta.
  • A aprobación, se procede das contas anuais de 2019 das empresas municipais REATUR,S.A e MEDIO AMBIENTAL, SL.
  • Na orde do día, o BNG leva unha moción sobre a inxusta asunción de competencias da Xunta de Galicia por parte dos concellos galegos e as consecuencias sobre os mesmos do protocolo COVID19 nos centros de ensino para o curso escolar 2020-2021.
  • PP leva unha moción obre intervención integral no Casco Histórico de Allariz
  • Por outra banda o PSOE leva dúas mocións, a primeira en relación ao protocolo fronte ao coronavirus na volta ás aulas este vindeiro curso escolar e outra con motivo do día internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres, nenas e nenos.

Para finalizar rogos e preguntas.