O pleno da corporación municipal reunirase o venres, 26 de febreiro ás 20:00h, para celebrar sesión ordinaria.
A orde do día será:
- Declaración institucional con motivo do día 8 de marzo.
- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior.
- Resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión.
- Ordenanza reguladora da venda ambulante no Concello de Allariz. Aprobación, se procede.
- Plan municipal de Prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Allariz. Aprobación, se procede.
- Convenio entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a FEGAMP para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia en relación coa implementación das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a Covid-19. Adhesión, se procede.
- Facenda local: Aprobación, se procede, da formalización dunha operación de tesourería por importe de 170.000€.
- Facenda local: Aprobación, se procede, da formalización dunha operación de tesourería por importe de 210.000€.
- Moción do PP en apoio da redución do IVE aos salóns de peiteado.
- Moción do PsdeG-PSOE sobre a reforma da Lei de Saúde de Galicia.
Para rematar a sesión haberá rolda de rogos e preguntas.