O pleno da corporación municipal de Allariz reunirase o venres, 30 de abril ás 20:00h, para celebrar sesión ordinaria.

A orde do día será:

  • Declaración institucional da Fegamp sobre a participación das entidades locais na execución do plan de recuperación, transformación e resiliencia.
  • Aprobación, se procede, do borrador acta da sesión anterior correspondente ao 26/02/2021.
  • Resolucións adoptadas pola Alcaldía desde a última sesión.- Dar conta.
  • Dar conta do Decreto da Alcaldía núm. 0071/2021, do 26 de febreiro, polo que se aprobou a liquidación do orzamento xeral 2020.
  • Convenio para a asunción pola administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para as diferentes categorías dos corpos de Policía Local e ás prazas de auxiliares de Policía Local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Allariz.
  • MOCIÓN DO PP en defensa do servizo público de correos.
  • MOCIÓN DO PSdeG-PSOE sobre os fondos europeos.

Para rematar a sesión haberá rolda de rogos e preguntas.