O pleno da corporación municipal reúnese mañá, ás 20:00h, para celebrar a sesión constitutiva dos grupos políticos que formarán parte do goberno alaricano así como de creación e constitución das comisións informativas permanentes o nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados, a determinación dos cargos con dedicación exclusiva e algunha cuestión organizativa como a periodicidade das sesións ordinarias do pleno.

Ademais aprobaranse, se procede, as constas xerais do ano 2018 das empresas municipais Reatur SA e Medioambietnal Alaricana SL.