O pleno da corporación municipal do Concello de Allariz, reúnese o mércores 28 de xuño ás 20:00h, para celebrar a sesión constitutiva dos grupos políticos que formarán parte do goberno alaricano así como de creación e constitución das comisións informativas permanentes o nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados, a determinación dos cargos con dedicación exclusiva e algunha cuestión organizativa como a periodicidade das sesións ordinarias do pleno.

Ademais como primeira orde do día celebrarase o sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións xerais do próximo 23 de xullo de 2023.