O pleno da corporación municipal reunirase mañá, ás 20:00h, para celebrar sesión extraordinaria centrada na aprobación dos orzamentos municipais para o vindeiro ano 2020. Ademais o pleno debaterá a aprobación de modificación de créditos do orzamento vixente e as medidas de apoio financeiro ás entidades locais.

Por outra banda, o BNG presenta varias mocións a respecto do sector da automoción e outra sobre o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero. Este último tamén será abordado na moción do grupo socialista.

Para rematar a sesión haberá rolda de rogos e preguntas.