O pleno da corporación municipal do Concello de Allariz reúnese o venres 28 de xullo en sesión ordinaria ás 20:00h na Casa do Concello.
ORDE DO DÍA
1. ACTAS. Aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións correspondentes ao 17 /06/2023 e o 28/06/2023
2. Resolucións adoptadas pola Alcaldía desde a última sesión. Dar conta
3. Calendario de festivos locais (Expte. SSPP2023.07). Aprobación, se procede, dasfestas locais para o ano 2024.
4. Addenda e prórroga do Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria Galega e o Concello de Allariz en materia de recadación en vía executiva. Adhesión do Concello de Allariz.
5. Modificación de créditos núm. 1/2023, suplemento de crédito con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais. Aprobación inicial, se procede.
6. Constitución da asociación Comunidade Enerxética de Allariz Aprobación , se procede.
7. CONTA XERAL 2022. Aprobación definitiva, se procede.
8. REATUR, S.A.- Constituido o Pleno en Xunta Xeral da empresa municipal Reatur, SA, aprobación, se procede, da conta anual do exercicio 2022.
9. ROGOS E PREGUNTAS.