O pleno da corporación municipal do Concello de Allariz reúnese o venres 27 de xaneiro en sesión ordinaria ás 20:15h.

ORDE DO DÍA

0. Declaración institucional “Todos Contra o Cancro” con motivo do 4 de febreiro, Día

Mundial contra o Cancro.

1. ACTAS. – Aprobación, se procede, do borrador acta da sesión anterior correspondente ao 25/11/2022.

2. Resolucións adoptadas pola Alcaldía desde a última sesión.- Dar conta.

3. Ordenanza fiscal reguladora da taxa por concorrencia ás probas selectivas para o ingreso de persoal ao Concello de Allariz (Expte. OF2023.01). – Aprobación inicial, se procede.

4. Tomar o acordo de instar o Ministerio de Política Territorial, a Través da Dirección Xeral de Cooperación Autónomica e Local, á declaración do Concello de Allariz como “Zona Afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil”.

5. Moción do BNG para a dotación de fondos da Xunta de Galiza en relación coas axudas á produción ecolóxica que cumpran co requisito da convocatoria para a campaña do 2022 e para o período 2023-2027 dentro do apartado de desenvolvemento rural da PAC.

6. ROGOS E PREGUNTAS.