O pleno da corporación municipal de Allariz reunirase este martes 5 de xullo de 2022, ás 20:15h, para celebrar unha sesión extraordinaria.
A orde do día será:

0. DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI
1. ACTAS. – Aprobación, se procede, do borrador acta da sesión anterior correspondente ao
21/04/2022.
2. Resolucións adoptadas pola alcaldía dende a última sesión. – Dar conta.
3. Toma en coñecemento polo Pleno da renuncia ao cargo de Concelleiro de D. SAMUEL CONDE
CONDE, mediante escrito de data 29/06/2022 (2022-E-RC-2044).
4. VENDA PARCELAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE CHORENTE-SUI-1.- Aprobación, se procede, do
prego de claúsulas administrativas particulares e convocatoria de procedemento aberto: lote 1
(parcelas 46 e 47) e lote 2 (parcelas 62 a 73). (Exp.: BENS2022.03)
5. ALEGACIONS PLAN DE TRANSPORTE. – Aprobación, se procede, das alegacións á proposta do
“Novo mapa concesional dos servizos regulares de transporte por estrada na Comunidade
Autónoma de Galiza”, elaborado pola Dirección Xeral de Transportes do Ministerio de
Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Goberno de España.
6. Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Allariz
(PMPDIF). – Aprobación definitiva, se procede.
7. MOCIÓN DO PP sobre o Novo Mapa Concesional de autobuses do Goberno central.
8. ROGOS E PREGUNTAS.