O pleno da corporación municipal reunirase o vindeiro mércores, 17 de xuño, para celebrar unha sesión extraordinaria. A partir das 10:00h o pleno procederá, entre as ordes do día, ao sorteo das mesas electorais para as Eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o 12 de xullo de 2020.

Entre os puntos a tratar na orde do día serán a aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes as sesións anteriores, as resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión e moción do PSdeG-PSOE sobre a reconstruicción social de Galicia.

Por último haberá quenda de rogos e preguntas.