O pleno da corporación municipal de Allariz reunirase este venres 11 de marzo, ás 20:00h, para celebrar sesión extraordinaria.
A orde do día será:
ORDE DO DÍA
0. Declaración institucional con motivo do 8 DE MARZO, concellos galegos, rexeneración en igualdade.
1. ACTAS.- Aprobación, se procede, do borrador acta da sesión anterior correspondente ao 24/11/2021.
2. Resolucións adoptadas pola alcaldía desde a última sesión.- Dar conta.
3. Dar conta do decreto núm. 2022-0033 polo que se aproba a liquidación do orzamento 2021.
4. FACENDA LOCAL.- Aprobación, se procede, da formalización dunha operación de tesourería por importe de 290.000 euros (Expte.- FL2022.01).
5. Dar a conformidade solicitada pola Deputación Provincial de Ourense ao cambio da titularidade a prol do Concello de Allariz dun treito da estrada provincial: CLAVE OU-0152, DENOMINACIÓN Allariz (OU-320) – Allariz (N-525) P.Q.INI. 0+000 P.Q.FIN. 1+100.
6. Protocolo de Adhesión á Rede de Cidades pola Agroecoloxía. Aprobación, se procede.
7. REATUR,SA.- Constituído o pleno en xunta xeral da empresa municipal Reatur SA, aprobación, se procede, da conta anual do exercicio 2021.
8. MEDIOAMBIENTAL ALARICANA, SL.- Constituído o pleno en xunta xeral da empresa municipal Medio Ambiental Allariz SL, aprobación, se procede da conta anual do exercicio 2021.
9. MOCIÓN DO PP en relación coa invasión de Ucraína por Rusia.
E para finalizar rogos e preguntas.