O pleno da corporación municipal reúnese este venres, 26 de xullo, ás 20:00h para celebrar sesión ordinaria.

A orde do día contén a aprobación da elección dos festivos locais para o vindeiro ano así como tamén a elección do/a xuíz/a de paz e, ademais, o pleno debaterá a modificación do réxime de dedicacións exclusivas aprobadas na sesión plenaria anterior.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.