O pleno da corporación municipal reúnese este venres, 31 de marzo, para celebrar a sesión ordinaria correspondente ao mes de marzo.

A partir das 20:00h, o pleno debaterá, entre outros, a aprobación inicial da ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos ademais da adhesión do Concello de Allariz ao código ético e o bo goberno, incluído no plan de transparencia e bo goberno promovido pola Fegamp.

O grupo socialista presentará unha moción sobre a ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio local por parte das instalacións de transporte e enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.

Para rematar haberá quenda de rogos e preguntas.