O pleno da corporación municipal reunirase mañá, venres 30, para celebrar a sesión ordinaria correspondente ao mes de setembro.

A partir das 20:00h a sesión centrarase na aprobación da conta xeral 2015. Ademais, o BNG presentará unha moción reclamando solucións, á Xunta de Galicia, polos danos ocasionados polo xabarín nos cultivos agrícolas e gandeiros. Ao remate haberá quenda de rogos e preguntas.

Radio Allariz retransmite en directo todas as sesións plenarias.