Este mércores, 30 de outubro, o Pleno da Corporación do Concello de Allariz reunirase en sesión extraordinaria ás 20:00h na Casa do Concello.
A orde do día será a seguinte:
1. ACTAS. – Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior correspondente
ao 31/07/2024.
2. Resolucións adoptadas pola Alcaldía dende a última sesión.- Dar conta.
3. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do servizo abastecemento auga potable (Expte. OF2024.02). – Aprobación inicial, se procede.
4. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do servizo saneamento (Expte. OF2024.01). – Aprobación inicial, se procede.
5. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa municipal pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos de competencia do Concello de Allariz
(Expte. OF2024.03). – Aprobación inicial, se procede.
6. Proposta de disolución e liquidación da sociedade mercantil Allarbús S.A. e nomeamento de representantes do Concello de Allariz, na Xunta Xeral Extraordinaria. – Aprobación, se
procede.
7. MOCIÓN do PSdeG-PSOE para o arranxo da pista que comunica o alto do núcleo de Pumares coa estrada asfaltada que chega ata o Alto da Devesa e a protección da estrada
autonómica OU-300 con varandais ou petrís, entre O Seixo e o límite co Concello de A Merca.
8. MOCIÓN do PSdeG-PSOE para contribuír ao mantemento e mellora do servizo de axuda no fogar prestado polo Concello.
9. MOCIÓN do BNG ante o taxazo da Xunta de Galicia pola subida do Canon de SOGAMA.
10. ROGOS E PREGUNTA
Os plenos municipais son retransmitidos en directo a través da canle de youtube RTVAllariz.