O pleno da corporación municipal reunirase este martes pola mañá para celebrar sesión extraordinaria. A partir das 11:00h o pleno tratará, entre outros,  a subsanación de documentación de varios expedientes relativos ao programa de axudas e proxectos singulares das entidades locais promovidos polo FEDER así como as medidas de apoio financeiro ás entidades locais aprobadas por Acordo da Comisión Delegado do Goberno para Asuntos Económicos.

O pleno modificará a ordenanza reguladora do cadro de tarifas do servizo de auga e saneamento para o ano 2020 e ademais realizarase o sorteo dos/das compoñentes das mesas electorais nas vindeiras elección xerais do 10 de novembro.

O BNG presenta unha moción a prol da formación agraria no territorio do GDR10 e por último haberá quenda de rogos e preguntas.