O pleno da corporación municipal reúnese mañá, xoves 28 de xuño ás 20:00h, en sesión extraordinaria. A orde do día centrarase, entre outros puntos, na composición do novo equipo de goberno. Olga Quintana Devesa tomará posesión da súa concellería, modificarase a composición das comisións informativas permanentes, nomearase aos representantes da corporación en órganos colexiados que sexan de competencia do pleno e realizarase a relación dos cargos da corporación con dedicación exclusiva.

Ademais, o pleno aprobará, se procede, as contas anuais correspondentes ao ano 2017 das empresas municipais, Reatur SA e Medioambiental alaricana SL.

Para rematar abrirase quenda de rogos e preguntas.