O Peto dos Desexos, que repartiu en Allariz na pasada campaña de Nadal 5000€ en premios, amplía o período para gastar os vales ata o 30 de abril.

Un total de 35 persoas foron agraciadas con vales de 200€ e de 100€ por mercar en Allariz durante esta edición . Se ben nas bases estaba estipulado que deberían ser gastados estes vales  antes do 31 de xaneiro, o Concello decide que debido as circunstancias sanitarias actuais ampliar o prazo para gastar os premios.

A Concelleira de Comercio, María López , fixo unha valoración moi positiva desta campaña. “ A participación neste ano tan peculiar foi superior a edicións anteriores. Queremos agradecer a toda a xente que aposta polo comercio e negocios de hostalería local, por consumir produtos de proximidade”.