O Concello de Allariz pon en marcha, un ano máis, o programa CONCILIA VERÁN, unha iniciativa de conciliación laboral e familiar.
O Concilia Verán é unha iniciativa lúdica de atención á infancia, que ofrece aos pais e nais, residentes en Allariz, a posibilidade de que os seus fillos e fillas, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, estean acompañados por técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada, na que se desenvolverán sendas actividades. Este servizo está ubicado no Colexio Padre Feijóo, durante os meses de xullo e agosto.
As persoas interesadas neste servizo poden pedir información ou presentar a solicitude, no Fogar dos Maiores, a través do teléfono 988 554 059 e directamente na web https://www.allariz.gal/administracion/concilia-veran/