Cando comecei o programa Clara non me podía imaxinar o que ía supoñer para min.

Compartir con casi trinta mulleres as nosas experiencias, tan distintas e tan sorprendentemente iguais á vez, fixéronme tomar conciencia de que o que nos une ás mulleres é máis ca o que nos desune.

Traballamos moito para entender a importancia de quererse a unha mesma e o máis importante deste proceso para min, foi descubrir que a verdadeira causa de ter chegado a perder a autoestima polo camiño ao longo dos anos debeuse, en gran medida, ao rol de muller na sociedade. Foi moi revelador traballar sobre os roles de xénero. Grazas a este enfoque feminista fun capaz de poñer orde no meu pasado e traballar nun cambio persoal cara ao futuro.

Atoparse co programa Clara e cunha técnica en Igualdade, como Ana Cardoso, unha profesional tan preparada pero ante todo unha gran muller é un “gustazo” e unha sorte.

Imposible contar aquí as risas e as lágrimas que temos compartido pero sobre todo o respecto que nos temos as unhas as outras. Só podo dicir GRAZAS!

Participante Programa Clara


 

O Programa Clara significou moito para min. Acudín á primeira reunión en parte por internarme dentro da sociedade aricana xa que levaba menos dun ano aquí. E tiven moi boa acollida.

En canto ao curso concretamente, chegoume profundamente a parte de autoestima, autocoñecemento e igualdade de xénero. Aprendín tanto! E a miña vida cambiou a mellor, así como a vida dos que me rodean.

Porque agora son consciente das desigualdades que existen, algunhas tan sutís que pasan inadvertidas. Agora son a dona do meu corpo, perfecto e sen complexos, e camiño pola rúa sen intentar pasar desapercibida, ocupando o espazo que merezo.
Non sei como expresar o agradecemento a este Programa e ao Concello de Allariz e á labor de Ana Cardoso que tanto se implicou.,Este proceso foi moi importante para min.

Nuria Besada Areal