O Recuncho da Luz é un proxecto que se realiza no CEIP Padre Feijóo e máis concretamente no ciclo de educación infantil, pola mestra de apoio Vanesa Ribao.
O proxecto xorde como unha necesidade de transmitir o que se fai día a día cos nenos e nenas de Infantil e facelo chegar as familias. O recuncho conta con seis recantos, o recanto da arte, o recanto dos minimundos, o recanto da ciencia, o recanto da mesa de luz, o recanto do rato e por último o recanto do robot.
A través dunha páxina en Instagram, @orecunchodaluz, as familias poden comprobar o traballo diario que se fai cos nenos e nenas e completar coa información que chega a casa a través dos pequenos e pequenas.
Nestes días de confinamento, converteuse nunha ferramenta de comunicación entre as familias e o centro, pero sobre todo nunha ferramenta, na que diariamente a profesora de apoio de Infantil, se comunica cos nenos e nenas propóndolle actividades, xogos e retos para pasar estes días o mellor posible.
A gran acollida que tivo esta iniciativa viuse reflectida estes días, nas que as familias colgaban, nas súas redes sociais, as actividades propostas día a día polo Recuncho da Luz.
A “Profe Vanesa”, como é coñecida entre o alumnado do CEIP Padre Feijóo, dinos que “ dende o primeiro día imaxinou a situación que podían vivir cativos e familias. E intentou colaborar co que lle parecía máis importante, canalizar a súa esencia de cativos que é a actividade, e propoñer actividades motivadoras e similares ás que ofertaba no recunchiño da luz. Pero o agradecemento é mutuo, porque as familias están colaborando creando eses pequenos minimundos para axudalos a poder saír das súas casas coa súa imaxinación. Son os auténticos superheroes”.
Unha iniciativa que está a ter, nestes días, se cabe máis repercusión xa non son soamente as familias se non que outros docentes externos ao centro están a colaborar entre eles.
Mentres #AllarizQuedaNaCasa, a profesora Vanesa colase nas casas de todas a familias de Allariz, virtualmente, día a día para facer máis entretida esta situación que estamos a vivir.