O IES de Allariz solicitoulle ao Sergas a realización dun cribado para o alumnado, o persoal docente e o non docente do centro ante o aumento de casos.

Ante a evolución de casos no centro, 21 casos activos e unha aula pechada, o Sergas realizará probas para detectar posibles asintomáticos e facer o centro máis seguro para todos.

O Concello de Allariz pídelle as familias dos alumnos e alumnas a máxima participación posible neste cribado.

Os país dos alumnos recibirán un SMS coa hora e o día no que deberán achegar aos seus fillos ou fillas para realizar unha PCR.