O Servizo RE constitúe unha nova aposta do Concello de Allariz por mellorar o modelo de xestión do lixo, co obxectivo de acadar unha maior sustentabilidade nos aspectos ambiental, social e económico e ademais cumprir os obxectivos que establece a Directiva Marco de Residuos da Unión Europea.

Este novo modelo basease en conseguir unha mellor separación das distintas fraccións do lixo en orixe, de xeito que se incrementen as taxas de reciclado e reutilización. A maiores, contempla a implantación dun sistema de compostaxe, individual ou comunitaria, para dar saída á materia biodegradable.

Dentro da primeira fase do proxecto véñense realizando charlas divulgativas sobre o Servizo RE nas parroquias do Concello, charlas que tamén serviron como vehículo de participación, debate e recollida de propostas. Agora chega a quenda da zona urbana. Entre os días 5 e 8 de outubro os veciños serán convocados a distintas reunións, dependendo da área xeográfica, para participar nestas charlas de presentación e participación.

xenerico