O galego José Souto repite primeiro posto, por votación popular, no Festival Internacional de Xardíns de Allariz.  Co 27% dos votos o xardín “Terraformación” é o elixido para permanecer un ano máis no recinto. O segundo lugar, con preto do 23% dos votos, recaeu en “Huerta Cibernética” da alacantina Michelina Wójcik. E o terceiro posto para “Jardín de Luz” de Xabier Pageo.

Ademais de desvelar a decisión do público, o alcalde Francisco García fixo balance económico da sétima edición. Estímase que visitaron o Festival ao redor de 40.000 persoas que deixaron uns ingresos de preto de 28.000 euros. O calor de agosto fixo baixar a recadación lixeiramente con respecto ao ano anterior, aínda que foi o mes máis concorrido, con máis de 8.000 euros de entradas.

As cifras mostran o avance do FIXA que se converteu nun referente para o mundo da empresa do paisaxismo.  A asemblea da federación de empresas do sector, a colaboración con colectivo como a Comunidade Verde, a Asociación Galega de Apicultura ou da camelia son bos exemplos.

“Xardíns da Memoria”

O FIXA xa recibiu novos deseños apra o vindeiro concurso, aínda que ata o día 30 o prazo continúa aberto para recibir as propostas para o vindeiro ano adicadas á memoria.