Onde caibamos todos e todas! Un novo proxecto da área de Igualdade destinado á mocidade

Onde caibamos todo e todas! Así se chama o novo proxecto que a área de Igualdade do Concello de Allariz está a levar a cabo xunto co alumnado do IES Allariz.

Esta iniciativa de intervención pretende ser unha ferramenta de apoio e acompañamento aos adolescentes a través, segundo explica a técnica de Igualdade Ana Pérez, “do coñecemento de temas relacionados coa realidade de ser sexuados e as súas implicacións persoais así como as de encontro cos outros e outras”.

Durante cinco meses , con intervencións mensuais en horarios de titorías, os alumnos e alumnas de 3º da ESO, formarán parte do grupo que “aportará ideas na procura do entendemento e o coñecemento da necesidade de mellorar e establecer as relacións cos e coas demais”.

 

Dinamización rural

A área de igualdade continúa o seu traballo de dinamización rural nas asociacións veciñais. Durante os próximos dous meses, as mulleres de Torneiros e Gundiás realizarán actividades de estimulación cognitiva, exercicio físico, coñecemento persoal ou creatividade, entre outras, destinadas a cuestións que aporten unha vivencia persoal e social máis sa.

 

2018-01-17T10:39:21+00:00miércoles, 10/01/2018|ACTUAIS, FORMACIÓN, NOVAS ALLARIZ|
X