O pleno da corporación municipal reunirase en sesión extraordinaria o xoves, 10 de novembro, ás 20:00h.

A sesión centrarase na aprobación inicial do Orzamento xeral 2017. Ademais debateranse varias modificacións da ordenanza reguladora na que se establece o cadro de tarifas da auga e saneamento para o 2017.

A alcaldía presentará ao pleno unha proposta sobre o abono da paga extra retida e pendente de liquidación aos traballadores municipais.