O Concello de Allariz, en colaboración co IES de Allariz, repartiu os equipos informáticos ao alumnado a través de Protección Civil.
En colaboración co centro de ensino, que foi o encargado de analizar as necesidades, debido a brecha dixital que existe, traballaron para cubrir as necesidades e poder continuar as clases a distancia.
O Concello de Allariz, fixo unha compra de dispositivos para cederllos ao centro durante esta tempada, mentres as clases se manteñan a distancia.
A empresa Primux, púxose en contacto co Concello, para facer unha doazón de 20 dispositivos e así intentar dalgunha forma axudar a paliar a situación que se presentaba.
Tamén se recibiu a colaboración de varias persoas particulares, que se puxeron en contacto co consistorio para achegar os dispositivos que tiñan nas súas casas e non utilizaban.
Un informático de Allariz realizou a posta apunto dos dispositivos para adaptalos para o uso de forma altruísta. Ademáis recibíronse máis ofertas, totalmente desinteresadas para facer este traballo por parte de outros profesionais do sector.
Dende o Concello de Allariz queren agradecer as todas as persoas que están a prestar a súa colaboración nestes días.