A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Allariz atendeu durante o pasado mes de agosto a un total de 7799 consultas doutras tantas persoas que se achegaron ata a nosa oficina localizada no principio do Paseo da Alameda en Allariz.
Das case 8 mil persoas, o 93% procedían do Estado e o resto, un 7% eran internacionais. De novo, como vén sendo habitual, a gran maioría das persoas que nos visitan en Allariz no mes de agosto son de procedencia nacional, coa seguinte distribución nas súas orixes: Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco e por suposto de Galicia, entre outras. Pola súa banda os turistas internacionais proceden de Portugal, Francia e América do Sur, principalmente.
Segundo nos explicaba María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, os datos da Oficina Municipal de Turismo evidencian como no mes de agosto os turistas, seguen apostando por visitar Allariz e gozar da nosa contorna así coma das actividades.
Os datos recollidos na Oficina de Información soamente reflicten unha porcentaxe das visitas que Allariz recibiu durante esta tempada.