Os edificios municipais de Allariz retoman a atención ao público con novas medidas que garanten a total seguridade para os usuarios e usuarias e  para o persoal municipal.

Na Casa do Concello o horario será dende este luns de 09:00h ás 14:00h, con ventá única, e a atención será preferentemente por vía telefónica no 988 440 001 ou no correo electrónico administración@allariz.com. Tamén se poden realizar os trámites dende a sede electrónica pinchando neste enlace https://allariz.sedelectronica.gal/info.0.

As instalación da Piscina Municipal retoman parte da súa oferta deportiva. Están abertas as salas de musculación e de cardio cun aforo limitado de 6 persoas por quenda e sala. As quendas serán de 45 minutos.  Para poder facer uso deste servizo, deberás reservar cita no teléfono  988 442 083 en horario de 09:00h ás 13:00h e de 17:00h ás 21:00h, de luns a venres, e 10:00h ás 13:00h de sábado a domingo.

O resto de dependencias da Piscina Municipal non se pode facer uso delas polo de agora.

O Fogar dos maiores está dispoñible a atención ao público de luns a venres en horario de 09:00h ás 14:00h, con ventá única. Para concertar unha cita coa traballadora social deberase solicitar no teléfono 988 554 059.

Podes acudir dende hoxe a Biblioteca Municipal para facer uso do préstamo bibliotecario. Consulte a web do catálogo no enlace http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx… .Non se pode acceder as coleccións e será a persoa encargada do servizo a que facilite os libros, na ventá de atención única.  Pódese acceder a mesa de prensa, unha persoa por quenda.

Para calquera dúbida ou consulta sobre o servizo poderás chamar ao 988 440 859. O horario deste servizo será de 09:30h ás 14:00h de luns a venres.

A Oficina de Rehabilitación e Urbanismo, con atención preferentemente no 988 554 006, esta en horario de 09:00h ás 14:00h, de luns a venres.

Prégase as persoas que acudan as dependencias municipais, que respecten en todo momento as indicacións que o persoal responsable dos diferentes servizos lle indica, mantendo as medidas de distanciamento social, usando máscara se non se pode respectar os 2m e seguindo as recomendacións de hixiene de mans.

Biblioteca Municipal

 

Entrada Concello de Allariz

Accesos Piscina Municipal

 

Recepción Piscina Municipal