A Alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e as voceiras dos grupos da oposición, Luz Doporto polo Partido Popular e Zaida Rodríguez polo PSG-PSOE, compareceron onte a mañá nunha rolda de prensa conxunta por primeira vez na historia do Concello de Allariz.

Nesta comparecencia mostraron a súa unanimidade antes as medidas tomadas dende o  Grupo de Goberno Municipal cara a reactivación económica a causa da emerxencia sanitaria.

As tres quixeron destacar que a posta en marcha das medidas veñen dadas ante a situación de emerxencia sanitaria e as circunstancias económicas da mesma como medida para reforzar a Allariz.

Cristina Cid, despois de manter varias reunións cos representantes dos feirantes que se instalan na feira sobre a decisión sobre o cambio das mesmas, comunicou que a día de hoxe non se puido chegar a ningún tipo de acordo cos mesmos.

A Alcaldesa de Allariz comunicou que a decisión unánime do grupo de gorberno e das portavoces dos grupos municipais, Luz Doporto e Zaida Rodríguez,  é a de seguir apostando pola celebración das feiras os sábados.

Por outro lado, Cristina Cid comentaba que  cabe destacar tamén que continúase nunha situación,  aínda que o proceso de desescalada está avanzando, de emerxencia sanitaria e polo tanto iso implica que calquera dos eventos, dinámicas ou accións que se programen  deben estar suxeitas a uns protocolos, a unhas restricións e a unhas reinvencións que faga posible que esta situación de emerxencia poda convivir co lexítimo interese de esa reactivación económica necesaria e o benestar da cidadanía.

Con esta medida considerase, dende a corporación municipal, que a feira de Allariz debe reordenarse, debe reorganizarse e debe profesionalizarse aínda máis se cabe, xa que a Alcaldesa recoñece a gran profesionalidade de moitos dos feirantes  que se veñen ubicando na feira.

A rexedora municipal comentaba que este modelo de mercado xa non se adapta ás necesidades actuais da inmensa maioría da poboación.

Con este novo formato estaríamos a disposición de garantir que todos aqueles usuarios e usuarias que xa frecuenten a feira, podan seguir facendo, acompañados polas familias xa que o cambio de data ábrese a moitos máis  posibles clientes que pola data de celebración que tiña ata o de agora, non podía acudir a mesma.

O Concello de Allariz comentou tamén que non se leva a esta reorganización da Feira por estar en estado de Alarma, senón pola necesitade de tomar medidas pola emerxencia sanitaria e pola necesidade de reactivar a economía local, dúas cuestións fundamentais para tomar esta decisión.

Por outra banda Luz Doporto, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, reitera o seu apoio a reorganización das feiras polas cuestións expostas pola Alcaldesa. Coincide co goberno municipal que é unha reorganización de futuro, pensada para sair da zona de confor que faga que Allariz este preparada para esa nova normalidade ofertando esa seguridade de Allariz. Luz Doporto apela de novo a que os feirantes dialoguen para chegar a un acordo, xa que cree firmemente que e unha boa oportunidade para eles xa que neste momento é o momento de facer algo diferente.

A nova normalidade que nos tocou vivir, obríganos a mudar a forma de relacionarnos socialmente, e dende o grupo socialista a través da súa voceira Zaida Rodríguez, reitera que debemos mudar para garantir a saúde de todos e de todas e por outro lado seguir reforzando que o turismo sexa seguro para todas as persoas. A reorganización da Feira ofértanos a posibilidade de reinventarnos como noutras veces xa se fixo, reportando enormes beneficios a todo o mundo.

As tres reiteranse que o goberno municipal está aberto ao dialogo en todo momento, para estudar as casuisticas da nova reorganización.

A Alcaldesa de Allariz, e as voceiras demostraron con esta comparecencia  boa sintonía nestes momentos de emerxencía sanitaria e social. Cristina Cid quere deixar claro que a cuestión que está por encima de calquera pequeno matiz ideolóxico, é a traballar por o ben común de Allariz entre os tres partidos en conxunto, pensando no benestar de todos os veciños e veciñas.