Nestes días que a gran maioría da poboación está nas súas casas, os membros de Emerxencias de Allariz e da Agrupación de Protección Civil de Allariz está a traballar arreo para que toda a xente que o precise teña os seus servizos básicos cubertos.
Cando se decretou o estado de alarma sanitaria, unha das preocupacións eran as persoas que vivian soas, vulnerables ou que estiveran dentro dese grupo de risco, e como se podía xestionar o acceso destas persoas os produtos básicos.
Dende Servizo Sociais do Concello de Allariz habilitouse o número de teléfono 988 554 059, para que toda persoa que precise axuda ou coñeza algún caso o faga saber, póndose en contacto neste teléfono en horario de 09:00h ás 14:00h e de 16:00h ás 18:00h de luns a venres ou vía correo electrónico na dirección fogardosmaiores@allariz.com.
A Agrupación de Protección Civil de Allariz, en coordinación con Servizos Sociais, son os encargados estes días de achegar estes produtos básicos a cidadanía. O seu labor estes días está sendo importantísimo na loita contra o Covid-19. Son parte desas persoas que co seu traballo, están facendo que a cidadanía esté o mellor atendida posible.
Cada día están saíndo a facer o reparto de produtos básicos a todas as persoas que o están a solicitar.